venres, 6 de novembro de 2015






¡ÓS CONCELLOS E PARLAMENTOS!

‪#‎EsixoAMeuPAHrlamento‬
‪#‎VivendaDigna‬
‪#‎AluguerSocial‬

O martes 10 rexistraremos as propostas da PAH no parlamento galego para que sexan debatidas.

Recentemente aprobouse en asemblea secundar esta campaña e presentaronselle as propostas a Ourense en Común (incidimos no apartadísimo do colectivo pero agora os únicos, no concello de Ourense que son sensibles con estas demandas son Ou-Común, antes foi o BNG) para levar estas propostas o pleno de decembro.

Pero non é suficiente estas demandas teñen que entrar en campaña, a xente debe saber que está disposto a defender cada quen, logo non vale deixarse menear polo neoliberalismo.
POR ISTO TAMÉN ESTARÁN EN TODOS OS PARLAMENTOS DO ESTADO.

Hai que pórlles coto os mercados ¡ non máis especulación inmobiliaria!

O dereito a vivenda é básico, sen unha vivenda digna unha persoa non pode ter unha vida digna, é por isto que non pararemos ATA QUE ESTE DEREITO SEXA EFECTIVO.

http://www.eldiario.es/…/PAH-ILP-catalana-parlamentos-auton…

Os grupos STOPs/PAHs de Galiza

Os grupos STOPs/PAHs de Galiza
Os grupos parlamentarios que subscriben, ao amparo do que dispón o
Reglamento da Cámara, e para o seu debate e votación na Comisión de
Dereitos Sociais, formulan a seguinte moción:


Exposición de motivos
A actual crise económica e o aumento do paro impatou de xeito dramático na
vida de miles de persoas, que por mor das dificultades económicas sobrevidas
non poden cubrir as súas necesidades máis básicas. Esta situación levou a que
moitas familias non poidan facer fronte das cotas hipotecarias ou do alugueiro
da vivenda habitual.


Isto traduciuse en milleiros de desafiuzamentos en todo o estado español,
traduciuse nunha vulneración do dereito a unha vivenda digna de centos de
milleiros de persoas, tendo que afrontar situacións de grave vulnerabilidade,
precariedade extrema, pobreza e exclusión social, económica e residencial.
Segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial desde 2007 ata o
primeiro trimestre do 2015 producíronse no Estado Español 624.690
execucións hipotecarias, 8.178 no primeiro trimestre do 2015. A estas
alarmantes cifras hanse de sumar o aumento das dificultades para afrontar o
pago do alugueiro, que cada vez afecta a máis persoas. O CXPX contabilizou a
preocupante cifra de 397.954 desafiuzamentos desde o inicio da crise no 2007
ata o primeiro trimestre do 2015, só no primeiro trimestre do 2015
executáronse 9.917 desafiuzamentos.


Xunto co drama dos desafiuzamentos, atopámonos con milleiros de familias
que, ademais de perder a súa vivenda, quedáronse cunhas débedas
hipotecarias impagables, que lles condenan para sempre á morte social. A
esta práctica hipotecaria habitual e inxusta, únese que en moitos casos non só
se perde a vivenda da familia afectada, senón tamén da persoa avalista, aínda
que ambas sexan as vivendas habituais e únicas.


É urxente, por tanto, arbitrar unha lei de "segunda oportunidade" concretada
na consideración da Dación en pago retroactiva. Así como, modificar a lei para
evitar que se poida avalar coa vivenda única e habitual, o mesmo que evitar
as hipotecas con avalistas cruzados, que supoñen que en caso de impago
dunha hipoteca sexan 2 ou 3 as familias que perdan a súa vivenda e
multiplíquese o drama habitacional.
!1
Estamos ante unha situación de urxencia e vulnerabilidade habitacional que se
incrementa pola existencia dun mercado de aluguer escaso, caro e
preocupantemente especulativo debido á falta dun parque público de vivenda
social, menos dun 2% da vivenda construída é vivenda pública, feito curioso
que constitúe unha auténtica anomalía no contexto europeo.


Tal e como consta no Informe de Urxencia Habitacional no estado español,
elaborado polo Observatorio DESC e a Plataforma de Afectados pola Hipoteca,
esta situación é mais terrible, se cabe, polo feito que España é o país de
Europa con máis vivenda baleira, 13,7% do parque total (3 millóns e medio de
pisos baleiros segundo o censo estatal de vivenda de 2011).


O art. 11 do Pacto Internacional dos Dereitos Económicos, Sociais e Culturais,
recoñece “o dereito de toda persoa a un nivel de vida adecuado para sí e a
súa familia, ata alimentación, vestido e vivenda adecuados, e a unha mellora
continua das condicións de existencia”.


O art. 25 da Declaración Universal de dereitos humáns recoñece que “Toda
persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á
súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a
vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais necesarios....”
No marco xurídico nacional, o artigo 47 da Constitución Española proclama o
dereito a unha vivenda digna e adecuada así como o deber dos poderes
públicos de promover as condicións necesarias e as normas pertinentes para
facer efectivo este dereito, e o artigo 33 declara a función social da vivenda.
O art. 267 do Tratado da Unión Europea declara a primacía do Dereito
Comunitario (STJUE 9/3/1978, Asunto 106/ 77 caso Simmenthal) que despraza
ao dereito nacional (art. 93 CE, cesión competencias en relación ao art. 96
CE, os tratados internacionais celebrados formarán parte do ordenamento
interno).


En relación ao anteriormente exposto e concretando no ámbito que nos
ocupa, a regulación do procedemento de execución hipotecaria na vixente Lei
de Enxuizamiento Civil infrinxe, con frecuencia, a normativa comunitaria.
Esta lexislación de obrigado cumprimento para un xuíz adoece dun vicio
radical que determina a sua nulidade de pleno dereito. Neste sentido hai
reiteradas sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Son cada vez máis as Comunidades autónomas que aproban medidas urxentes
para garantir o dereito á vivenda, medidas urxentes para afrontar a pobreza
enerxética, recollendo así un clamor da cidadanía preocupada pola alarmante
situación de urxencia habitacional.


Por todo iso, a Comisión de Dereitos sociais do Parlamento de Galicia
acorda:


1.
Instar ao Parlamento español e ao Goberno de España que se constitúan na
próxima lexislatura, a adoptar as seguintes medidas:


Dación en pago retroactiva e condonación da débeda para os debedores
hipotecarios de boa fe e en relación coa súa vivenda habitual e única.
Modificar a Lei Hipotecaria e a Lei de Enxuizamento Civil.


!2
Eliminación automática das cláusulas declaradas abusivas polas
sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea nos
contratos hipotecarios con entidades bancarias, sen precisar de petición
expresa do titular.


Imposibilitar a execución da vivenda dos avalistas, cando sexa a súa
vivenda habitual e única, para esixir a súa responsabilidade nos
contratos hipotecarios.


Modificación da Lei de Arrendamentos Urbanos introducindo mecanismos
de seguridade na tenencia, estabilidade na renda e alargando o prazo de
duración do alugueiro.


Eliminación de todos os requisitos restrictivos para acceder á moratoria
de desahucios e ao código Guindos, salvo vivenda habitual, deudor/a de
boa fe e carencia de recursos.


2.Instar ao Presidente da Xunta de Galicia a levar a cabo as seguintes
medidas:


Vivenda garantida

 
Esixir ás entidades bancarias para que estas garantan un alugueiro social para
as persoas deudoras de boa fe, e as súas unidades familiares, que tendo
cedido a súa vivenda única e habitual en dación en pago non dispoñan de
alternativa habitacional.


Os grandes tenedores de vivenda, en especial as entidades financeiras e filiais
inmobiliarias, fondos buitre, entidades de xestión de activos (incluídos os
procedentes da reestruturación bancarias e entidades inmobiliarias),
garantirán un alugueiro social para as persoas e unidades familiares en
situación de vulnerabilidade que non poidan facer fronte ao pago da súa
vivenda e non dispoñan de alternativa habitacional.


Garantir ás persoas e unidades familiares en situación de vulnerabilidade que
non poidan facer fronte ao pago do alugueiro as axudas precisas para lle
evitar o desafiuzamento.


En ningún caso poderase realizar o desaloxo ou desafiuzamento de persoas en
situación de vulnerabilidade, xa sexa por impago de alugueiro ou ocupación
en precario motivada pola falta de vivenda, sen que a administración da
Xunta de Galicia garanta un realoxo adecuado.


No caso que se leve a cabo o alugueiro social nunha vivenda diferente á que
reside a familia ou persoa en situación de vulnerabilidade, este realoxo
producirase na zona onde estas teñan as súas redes vitais e sociais.


Creación dun parque público de vivenda a través da movilización de pisos
baleiros en mans de entidades financeiras e filiales inmobiliarias, fondos
buitre, entidades de xestión de activos (incluídos os procedentes da
reestructuración bancarias e entidades inmobiliarias). A administración
regulará mediante lei os mecanismos que posibiliten esta movilización.


!3
En todas estas medidas o prezo a pagar en concepto de alugueiro social non
superará o 30% dos ingresos da unidade familiar, incluídos gastos de
suministros, de acordo cos estándares de Nacións Unidas, sempre e cando os
ingresos familiares superen o salario mínimo profesional, en caso contrario o
prezo a pagar en concepto de alugueiro será do 10% dos ingresos e os
suministros correrán a cargo das empresas suministradoras (punto seguinte).


Suministros básicos
Impedir os cortes de suministros básicos de auga, luz e gas das persoas e
unidades familiares en situación de vulnerabilidade.


O pago dos suministros básicos para as familias nesta situación farase de
acordo á capacidade adquisitiva da unidade familiar, sempre respectando os
estándares de Nacións Unidas.


Os custos asociados a garantir este dereito e a débeda acumulada que non
poidan ser cubertos polas persoas vulnerables serán asumidos polas empresas
suministradoras.


Creación dun observatorio da vivenda
Este observatorio estaría composto por representantes das institucións e da
sociedade civil. Este observatorio será o encargado de investigar e analizar a
situación da vivenda en España. Entre as súas funcións estarían facer censos
periódicos de vivendas baleiras, facer seguimento das políticas públicas,
elaboración de informes; contaría con capacidades non só consultivas senón
tamén control, seguimento, denuncia, executivas e de proposta lexislativa.
 

Fdo
Grupos STOP/PAHs de Galiza
Firmas
!




Ningún comentario:

Publicar un comentario