venres, 27 de novembro de 2015


Este sabado 28 no bar as Marías, ás 11 da mañá, en Compostela, faremos o encontro das PAH-STOP galegas.
Con moito esforzo resistimos nesta loita contra os Xigantes financeiros e os seus acólitos plutócratas.

¡ que ninguén o dubide, resistiremos ata facer efectivo o dereito a unha vivenda digna !. O tempo desgasta pero tamén da experiencia e sabedoría para coñecer mellor o indignante adversario que fai negocio co sufrimento de moitas familias.
¡ conseguirémolo !


 ENCONTRO DAS PAH E OS COLECTIVOS STOP-DESAFIUZAMENTOS HOXE EN COMPOSTELA.
Cada vez que unha entidade financeira preme a unha familia, ata conseguir os seus obxectivos financeiros e do outro lado non hai a xente suficiente para forzar o equilibrio, nunha relación que a banca pretende a 2, nos esiximos converte-la nunha ecuación con 3 elementos; forzando diste xeito o que é un feito, que as entidades financeiras entendan que foron rescatadas con diñeiro público, este sería o terceiro elemento, A SOCIEDADE ACTIVA ORGANIZADA, pelexando caso a caso no maior escenario de guerra silente contra a penúltima versión do capitalismo; o neoliberalismo.
Inmersos na escena electoral as pah- stop galegas lembramos que é preciso seguir axudando estas familias e que sería imprudente subirse a unha ola triunfalista depositando todo no feito político, perdendo a perspectiva do sufrimento que seguen a causar día a día estes maldecidos psicópatas.










Temen vos informamos que seguimos adiante co Mercadiño Solidario, no local que alugamos recentemente, na Galerías Xosé Fernández Oxea, local nº20. Pegado a Carrefour Market (no Xardín do Posio).


Ningún comentario:

Publicar un comentario