domingo, 14 de xaneiro de 2018




Case 20.000 desafiuzamentos no terceiro trimestre deste ano Case 20.000 desafiuzamentos no terceiro trimestre do ano 2017.

  Segundo os datos do CGPJ feitos públicos o 14 de dedembro do 2017 , no terceiro trimestre deste ano presentáronse nos xulgados 5.518 novas execucións hipotecarias, e producíronse 19.606 novos desafiuzamentos en todo o estado. Seguen baixando os derivados de execución hipotecaria, froito da “tregua” que mantén os procedementos paralizados nos, xulgados á espera de senllas resolucións do TXUE sobre as cláusulas de vencimento anticipado e de intereses de demora. Continúa o ascenso imparable dos desafiuzamentos como consecuencia de falta de pagamento do aluguer que aumentan un 4,2%, como consecuencia da indefensión que sofren os inquilinos como consecuencia das reformas da LAU, a burbulla que están a xerar nos prezos do aluguer o cambio a usos turísticos de vivendas que antes eran residenciais, e por suposto dos baixos salarios que impiden cada vez máis o acceso a unha vivenda digna. Esta brutal cifra de case 20.000 desafiuzamentos, pon novamente de manifesto o grave incumprimento por parte do Estado das recomendacións contidas no ditame de Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais da ONU do pasado mes de xuño, no que se establecía un prazo de 6 meses para establecer unha serie de modificacións lexislativas, xudiciais e sociais, que o Goberno parece estar a ignorar ata o momento. Desde a PAH consideramos que, o Dereito Fundamental de acceso a unha vivenda digna no noso país, só será posible mediante a aprobación e aplicación íntegra da Lei de Vivenda da PAH, que esperamos rexistrar no Congreso o próximo 10 de xaneiro, e por ela continuaremos a mobilización necesaria ata a súa aprobación.


domingo, 10 de decembro de 2017




DESAFIUZAN A UNHA FAMILIA O MARTES DÍA 12 ÁS 10:00 DA MAÑÁ !!

O 5 de decembro pídenos axuda unha familia e, na reunión que concertamos, infórmanos que vai ser desafiuzada o día 12 de decembro ás 10:00 da mañá da súa vivenda habitual no Pereiro de Aguiar.

Logo de estudar o caso superficialmente, estamos na ponte da Constitución e non dispomos de marxe suficiente para afondar no coñecemento da situación. Basicamente trátase dunha familia que asina un contrato de préstamo hipotecario no ano 2005 con Banco de Galicia logo absorbido polo Banco Popular que actualmente pertence o Santander. Esta familia paga as costas puntualmente ata o ano2014 momento no que atravesan unha mala situación económica que dificulta os pagos e o banco comeza o proceso de execución hipotecaria.

O venres día 7 presentamos un escrito no Xulgado de Instrución Nº5 facendo uso do dereito recollido no articulo 704 da Lei de Enxuizamento Civil pedindo un aprazamento do despexo por 2 meses en base os seguintes argumentos:

1º) -Forma parte da unidade familiar que habita a vivenda unha anciá de 82 anos con unha dependencia grave oficialmente recoñecida dende 2008.

2º) -En decembro en pleno inverno e en véspera da Natividade resulta inhuman plantexar unha saída da vivenda nestes momentos. Non dispondo de ningún sitio a onde ir na véspera da data de lanzamento, tendo que buscar alternativa habitacional e facer a mudanza.

3º) -Ante a recente mellora económica precisase unha marxe de tempo par tentar alcanzar un acordo co banco para facer fronte o pago do total da débeda ou no seu caso un aluguer.

4º) -Dado que o avogado que levou o caso se retirou antes de rematar o procedemento pode haber un mal asesoramento xurídico e unha posible indefensión desta familia.

Dado a pouca marxe de tempo da que dispomos na presentación do escrito solicitamos unha reunión formal co secretario do Xulgado de Instrución Nº5 para o luns día 11 ás 9:30 da mañá par falar persoalmente con il e concretar si nos vai a conceder o aplazamento.

Si nos concede o aplazamento ábrese unha marxe para negociar co banco, de non concedelo o escenario sería de EMERXENCIA TOTAL. O día 31 de novembro xa foron a tomar posesión da vivenda coa comitiva xudicial, como non había neguen deixaron un escrito dicindo que o día 12 procederían o despexo acompañados da forza pública.

Stop-Desafiuzamentos Ourense ten un protocolo de actuación para que neguen saia perxudicado e transcorra todo con normalidade.

PEDÍMOSVOS QUE PERMANEZADES ATENTOS o facebook e o twiter de Stop-Desafiuzamentos Ourense. Mañá luns 11, o largo da tarde noite informaremos si é preciso que suba xente a dar apoio esta familia.

Por ultimo dicir que a nosa razón de ser é que ningunha familia seña desafiuzada en silencio sin que neguen o saiba. Un sistema financeiro en gran medida rescatado con diñeiro do fondo de pensións, recortes en sanidade, educación, dependencia e outros servizos públicos debe entender que a sociedade non vai a permitir estes abusos. Máxime cando se trata dunha familia que quer chegar a un acordo para saldar a débeda.


Na Película de Eduard Cortés “Cerca de tu Casa” un dos protagonistas fai este comentario:

  • “Que queres mercedes...que nos quiten o traballo a casa a dignidade a familia, todo...sen que ninguén o saiba”



sábado, 11 de novembro de 2017




SÁBADO 18 ÁS 17:30 NO SALÓN DE ACTOS DA BIBLIOTECA PÚBLICA.

Asistiremos a Palestra organizada por Ourense en Común .

CONTRAPODER: INSTITUZIONALIZACIÓN DA PROTESTA


Agradecerlle a Ourense en Común ter pensado niste colectivo e convidalo a participar .

Como noutras ocasións queremos resaltar o radical apartidismo de Stop-Desafiuzamentos. Como se acordou en asemblea onde se tratou a forma de participar distes convites a loita contra os desafiuzamentos, polo dereito a unha vivenda digna e subministros básicos garantidos, debe ser aberta a toda a sociedade.
Con esta premisa participaremos con moito agrado deste debate.

As persoas que asumirán a representación do colectivo e tendo en conta que pode ser representado por cal quer persoa que teña amosado unha participación activa sostida  tempo que lle permita coñecer en profundidade o funcionamento do mesmo e coa intención de diluír dentro do posible os liderazgos do mesmo serán:

- Cristina Lorenzo  afectada por Bankia Activista Stop-desafiuzamentos.
- Estela Castro afectada por Banco Popular Activista Stop-desafiuzamentos.
- Ramón Mogo Activista Stopdesafiuzamentos.
- Roberto Pereira Activista Stop-desafiuzamentos.


venres, 3 de novembro de 2017


COMUNICADO da PAH SOBRE OS DATOS PUBLICADOS DO CGPJ RESPECTO DOS DESAFIUZAMENTOS NO SEGUNDO TRIMESTRE DE 2017

 19/10/2017

O número de lanzamentos practicados ou desafiuzamentos no segundo trimestre do ano foi de 16.859, o que supón un descenso do 8,4 por cento respecto ao mesmo trimestre de 2016, segundo o informe Efectos da crise económica nos órganos xudiciais  que a Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial fixo público hoxe.

O 58,6 por cento deses lanzamentos, 9.886, foi consecuencia de procedementos derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU); mentres que outros 6.197 o 36,8 por cento- deriváronse de execucións hipotecarias e os 776 restantes obedeceron a outras causas.

Cataluña con 3.625, o 21,5 do total nacional- foi a Comunidade Autónoma na que se practicaron máis lanzamentos no trimestre obxecto do informe, seguida por Andalucía (2.947), a Comunidade Valenciana (2.287) e Madrid (1.791). Estes catro territorios suman o 63,2 por cento de todos os lanzamentos practicados en España nese período.

Atendendo só aos lanzamentos consecuencia de procedementos derivados da LAU, tamén Cataluña aparece en primeiro lugar, con 2.342. Séguenlle Andalucía (1.377), Madrid (1.344) e a Comunidade Valenciana (1.132). En canto aos derivados de execucións hipotecarias, a clasificación encabézaa Andalucía, con 1.426, seguida pola Comunidade Valenciana (1.121) e Cataluña (1.039).

O número de execucións hipotecarias iniciadas no segundo trimestre de 2017 foi de 7.689, o que representa unha diminución do 46,5 por cento respecto ao mesmo período do ano anterior. O informe reflicte un descenso interanual en todas as Comunidades Autónomas.

Andalucía é o territorio con maior número de execucións hipotecarias iniciadas entre os pasados 1 de abril e 30 de xuño, con 1.864, o 24,2 por cento do total nacional. Séguenlle a Comunidade Valenciana (1.218), Cataluña (1.090), Madrid (756) e a Región de Murcia (645).



Non se dan datos de cortes de subministracións básicas a familias vulnerables, que non poden facer fronte ao pago dos mesmos, pero serían centos de miles neste período.



Estes datos, unidos aos centos de miles de procedementos actualmente suspendidos, á espera das sentenzas do TJUE, confirman unha vez máis que o Dereito á Vivenda en España non pasa de ser un anhelo e unha reivindicación da PAH máis que unha realidade, e que este Dereito non poderá ser efectivo ata que non se aprobe a Lei de Vivenda da PAH, que esperamos presentar en breve no rexistro do Congreso co maior apoio posible dos grupos parlamentarios, a quen responsabilizo directamente do sufrimento de miles de familias polo incumprimento sistemático deste Dereito.


O 11 DE Outrubro de 2017 organizouse outro recital solidario para recadar recusos. Non queremos subencións que pervirtan os principios do colectivo. Non dispomos de moitos recursos pero pese as moitísimas limitacións somos quen de seguir adiante e ofrecer apoio a quen o pide.

martes, 5 de setembro de 2017


Estipulacións abusivas.

A NOVA LEI HIPOTECARIA O SERTVIZO DA BANCA.

Comunicación:
Así protexerá a nova Lei Hipotecaria aos bancos.
A reforma hipotecaria será á banca o que a reforma enerxética a Iberdrola.

-Nin máis transparencia.

-Nin mellores condicións para o consumidor. Ao contrario.

Unha vez máis o Goberno sae ao rescate do sector financeiro, mediante unha nova Lei Hipotecaria ao servizo dos seus intereses. Se nada o impide, o documento aprobarase, coa complicidade do Partido Socialista e Cidadáns, este próximo outono.

Así, segundo despréndese deste primeiro borrador, co ánimo de resarcir ao sector bancario dos vapuleos xudiciais que vén padecendo nos últimos anos, a partir da entada en vigor do texto, os novos debedores hipotecarios terano moito máis complicado á hora de reclamar.

Para iso, todos aqueles que se vexan na necesidade de pedir unha hipoteca, estarán obrigados se ninguén o remedia a confesar, nun texto escrito da súa propia man, comprender todas e cada unha das cláusulas do contrato, así como a súa conformidade coas mesmas, independentemente de que estes extremos sexan ou non verdade.

Desta forma, as entidades financeiras quedarán blindadas ante posibles reclamacións por falta transparencia nas novas hipotecas.
O mercado bancario, cada vez máis concentrado e con tinguiduras de colusión oligopolística, está a escenificar nos últimos días unha desconformidade por parte das entidades financeiras, que non obedece a ningunha realidade. No colmo do cinismo e a teatralidad, directivos dos principais bancos manifestaron en público que non é bo desequilibrar a balanza, dando a entender que saen prexudicadas coa nova normativa. Fai falta valor !!!

Gastos de formalización

Non hai grandes cambios. En lugar de establecer por Lei unha repartición equitativa, queda unicamente na desagregación dos mesmos na escritura, desagregación que ata agora xa viña reflectido na provisión de fondos.

Comisións

Sen novidade no voo. Seguiranse permitindo, incluso as máis abusivas, como a de apertura ou por descuberto.

Seguros

Outra mentira. Non serve de nada que a nova Lei prohiba ás entidades ?seguros vinculados?, porque a práctica habitual consiste en ofrecelos a cambio de reducións no tipo de interese, unha práctica axustada a Lei e que tamén se seguirá mantendo no futuro.

Intereses de demora

Tampouco hai novidades: non poderán exceder o triplo do interese legal do diñeiro.

Maior responsabilidade para os notarios

O fedatario público deberá explicar os pormenores do contrato ao hipotecante nun día previo á firma e, teoricamente, sen cobrar nada por iso.
Tendo en conta que os contratos teñen unha media de cen páxinas, a tarefa ben realizada debería levarlles varias horas.
Os notarios adoitan dicir medio de broma medio en serio que eles son os primeiros interesados en que a operación leve a cabo (para cobrar a súa minuta); por tanto, quizais agora estéaselles trasladando unha responsabilidade que dificilmente poderán desempeñar coa imparcialidade debida. Tempo ao tempo !!

Execucións hipotecarias

Probablemente un dos puntos máis delicados. Aquí cabe diferenciar dúas etapas:
Na primeira metade da hipoteca, por exemplo, se é a vinte anos, durante os dez primeiros, o banco poderá executar ao hipotecado se a falta de pagamento supera o 2% do capital prestado. É dicir, para unha hipoteca de 100.000 euros a vinte anos, ao 2,5% de interese, en lugar de poder executar a partir da terceira cota impagada (como ata agora), poderán executar entre a terceira e a cuarta.
Na segunda devandita porcentaxe aumentaría ata o 4%*. E este sería en principio o único aspecto positivo, se é que o manteñen.
Como vemos, salvando o último punto, a vida segue igual. Veremos se con este apaño Bruxelas retira a denuncia, ou se finalmente termina por ampliala.

Dación en pago

En canto á dación en pago, esta só se aplicará se a entidade está conforme.
E que sucederá coas antigas hipotecas
Seguirán suxeitas á norma anterior (poderanse seguir reclamando todas as cláusulas abusivas como ata agora), salvo no referente ás execucións, que terán que adaptarse, loxicamente, á nova lexislación.

* Importante: ese 4% habería de calcularse, necesariamente, sobre o total do capital prestado. Se devandita porcentaxe, como pretenden algúns, calcúlase exclusivamente sobre o capital pendente, non habería ningunha mellora en relación co primeiro tramo (nótese que cuantitativamente o 2% sobre 100 é equivalente ao 4% sobre 50). Ollo.

Articulo do Blog de Fon Fria abogados !